A formación do Partido Popular pedirá que volva o Verán Deportivo, entre outras deficiencias no eido deportivo e lúdico.
“O Carballiño conta con máis de 2.000 cativos e mozos no municipio, o que supón aproximadamente un 15% do total dos empadroados no Carballiño; unha porcentaxe moi importante da demografía do noso Concello e que, independentemente do seu número, merecen toda a nosa atención e dedicación.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A falta da tan demandada casa da xuventude, así como a escasa oferta de alternativas de ocio deportivas e saudables de carácter municipal, fai imprescindible que se leven a cabo diferentes actuacións de maneira urxente.
A tan só tres meses da chegada do verán vemos moi necesario que se comece a traballar na elaboración dun programa de ocio deportivo e saudable que oferte aos nosos cativos e mocidade un amplo catálogo de actividades e alternativas de cara as vacacións estivais.
Actualmente atópanse ante una situación de absoluto abandono por parte do Concello de O Carballiño, que ven descargando a súa responsabilidade con este sector nas diferentes asociacións e clubs privados, algo que ten que cambiar.
É obriga deste grupo de goberno organizar e promover un verán activo e de vida saudable para a nosa mocidade, coa elaboración dun programa de actividades lúdicas nas que a práctica deportiva e actividades ao aire libre sexan unha prioridade, velando por un ocio seguro e saudable así como poñer a total disposición dos veciños todos aqueles espazos deportivos de ámbito municipal durante todo o verán.
SOLICITAMOS:
- A elaboración e organización dun programa deportivo municipal para o verán 2024 que teña lugar nas instalación deportivas municipais e a recuperación do “Verán Deportivo” que leva anos sen realizarse.
Retomando os torneos de baloncesto, fútbol praia, balonmán ..que tiñan lugar na Pista Roxa.
- A apertura do Pavillón Municipal durante todos os días da semana. Celebración de torneos e exhibicións deportivas nesta instalación.
- A apertura dos patios e pavillóns dos colexios para poñer a disposición dos cativos e mozos espazos públicos e seguros onde realizar todo tipo de actividades e deporte.
- Comezar de inmediato co acondicionamento e melloras que sexan necesarias na Piscina Municipal, evitando trastornos e retrasos de última hora.
Ampliar do 15 de xuño ao 15 de setembro a súa apertura.
Levar a cabo xornadas de ximnasia de mantemento, pilates, zumba, natación, ioga etc … na Piscina Municipal proporcionando unha ampla oferta de actividades neste espazo favorecendo o seu aproveitamento.
6. Limpeza e acondicionamento do Parque Municipal.
Limpeza dos camiños, sendeiros e o paseo do Arenteiro, recollida de follas e maleza, arranxo de bancos, papeleiras, fontes, alumeado, reparación e mantemento da zona de xogos infantís do Parque Municipal”.