O pleno das Cortes Xerais tombou o acordo de cesión ao Executivo dos remanentes dos concellos. O texto do real decreto lei só contou co apoio de PSOE e Unidas Podemos

Baltar agradece a alcaldes e concelleiros da provincia de Ourense “a súa mobilización contra ese “non” á expropiación dun diñeiro que non é dos concellos, senón dos veciños, que elixen en que se invisten eses fondos; e non que sexa o goberno comunista de Pedro Sánchez quen se apropie dese diñeiro para cumprir coa súa axenda ideolóxica”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou de “gran vitoria do municipalismo español e gran derrota do goberno de Pedro Sánchez” o feito de que o pleno do Congreso dos Deputados tombase o acordo de cesión ao Executivo dos remanentes dos municipios, acordado no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), resolución que provocou por primeira vez a ruptura do consenso entre as forzas políticas representadas no máximo órgano do municipalismo en España. O texto do real decreto lei só contou co apoio do PSOE e Unidas Podemos e a oposición frontal do resto do arco parlamentario.

Manuel Baltar valora que hoxe “o municipalismo español, alcaldes e presidentes dos gobernos provinciais de España, gañaron unha importante votación no Congreso dos Deputados, e o Partido Socialista e Podemos quedaron sós nun arco parlamentario onde todos pronunciáronse en contra da chantaxe que supón ese real decreto, contra a expropiación do diñeiro dos municipios e os veciños, e tamén contra a manipulación, e un ataque furibundo contra a autonomía local.

O presidente da Deputación de Ourense afirma que as Cortes Xerais “falaron alto e claro, deixaron en evidencia ao goberno socialista-comunista, sendo algo extraordinario o feito de que non se validase un real decreto lei”. “Por iso –dixo- hai que seguir reivindicando a autonomía local e o traballo dos representantes locais e provinciais”.

Baltar tamén quixo enviar unha mensaxe “de agradecemento aos alcaldes e concelleiros da provincia de Ourense que durante estas horas de votación mobilizáronse para defender #ante os concellos o “non” á expropiación dun diñeiro que non é dos concellos, senón dos veciños, que elixen en que se invisten eses fondos no territorio que os xerou; e non que sexa o goberno comunista de Pedro Sánchez quen se apropie dese diñeiro para cumprir coa súa axenda ideolóxica”.

O resultado final da votación no Congreso é para Manuel Baltar “unha gran vitoria do municipalismo e unha gran derrota do socialismo e do goberno da nación”.