Concurso de fotografía de Nadal no Casino en colaboración co CCA e O Potiños

e agora un concurso para tódalas idades!!!


en colaboración có Carballiño CCA e a asociación O Potiños sacamos un concurso de fotografía de Nadal para animar os nosos socios e a todos os que queiran participar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os premios son en vales de compra nos comercios colaboradores do CCA

! apoiemos o comercio local! grazas aos nosos colaboradores por apoiar esta iniciativa (cca e o potiños)!!!

BASES DO CONCURSO

1.- Obxetivo e participantes .O Casino do Carballiño en colaboración co CENTRO COMERCIAL ABERTO DO CARBALLIÑO e a ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA O POTIÑOS, convoca un Concurso de Fotografía de Nadal. Poderán participar todas as persoas, profesionais ou afeccionados á fotografía que o desexen, sen límite de idade.

2.- Cada participante no concurso poderá remitir ata un total de tres fotografías en formato dixital, tendo en conta que a temática do concurso está relacionada co NADAL .

3.- Modalidade e presentación. As fotografías deberán presentarse en tamaño mínimo de 20×30 cm, e máximo de 50×60, sen marcos nin soportes, nin marcas de auga adicionais. Igualmente en soporte dixital e formato jpg ou jpeg, sen comprimir e cos mesmos títulos que leven en soporte gráfico e 300 ppp . Así mesmo, deberán figurar a relación das fotos, así como os datos do autor con nome, apelidos, número do dni e enderezo, teléfono de contacto ou e-mail. Non se aceptarán excesos nos tamaños prefixados, nin retoques artísticos adicionais nas imaxes, máis aló do brillo e o contraste, así como tampouco fotomontaxes, nin marcas de auga, ou calquera outra indicación que poida desvelar a titularidade ou autoría da obra.

4.- Lugar e prazo de presentación.As fotografías en soporte dixital serán enviadas o seguinte enderezo: casinodeocarballino@gmail.com. O prazo de recepción das fotos estará aberto ata o día 22 de Decembro de 2020, 20:00 horas .

5.- O xurado.O Xurado do concurso estará integrado por número impar de membros, mínimo tres e máximo cinco persoas, con representación do Casino de O Carballiño (secretaría María Pérez), do Centro Comercial Aberto (presidente Julián Garriga) e da Asociación Fotográfica “O Potiños” de O Carballiño, como entidade organizadora. Fará da secretaria a propia do Casino do Carballiño, dona María Pérez Castro.

6.- Premios.a. Establécense tres premios para as tres mellores fotos seleccionadas, con contías de:- 1º premio: 150,- € en vales de compra nos establecementos do C.A.A ( este premio será exclusivo para os Socios do Casino de O Carballiño)- 2º premio: 100 € en vales de compra (este premio será aberto a todos as persoas que queiran participar)- 3º premio: 75€, tamén en vales de compra (este premio tamén será aberto a todos as persoas que queiran participar).

Nota: non poderan ser acumulables os premios nunha mesma persoa.

O gañador será anunciado o día de Nadal, o 25/12/2020, nas páxinas oficiais de facebook ou instagram dos tres colaboradores (Centro Comercial Aberto, Os Potiños e O Casino de O Carballiño)

b,-O fallo do Xurado é inapelable e poderá declarar deserto algún premio si así o xustificase. O Xurado dará a coñecer a súa decisión, séndolles comunicados os premios ós gañadores. As fotografías poderán verse nas páxinas web do Casino de O Carballiño , asi como na da Asociación Fotográfica O Potiños e na do Centro Comercial Aberto.

Todos/as os concursantes declaran que as fotos que presentan son orixinais e non foron presentadas a outros concursos, así como non publicadas con anterioridade ó fallo deste xurado en ningún medio, sexa gráfico ou dixital, asemade garantirán que as fotos son propiedade de quen as presenta e ceden os dereitos de reprodución das fotografías para a súa publicación na web ou publicación gráfica a editar o respecto, poñendo como único requisito citar o nome do autor. As fotos do concurso servirán de base para unha Exposición de fotografías con un máximo de 20 fotografías das presentadas a concurso, que se poderá visitar en diversas datas e lugares ditos con posterioridade, inicialmente no Casino do Carballiño, e con posterioridade incorporarase á programación da A.F. “O Potiños” nunha exposición itinerante. A participación no concurso implica a aceptación total destas bases e máis do fallo inapelable do Xurado, sendo facultade exclusiva do mesmo calquera interpretación ó respecto.