O Carballiño mantén a tendencia á baixa descendendo ata os 230 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixou nesta xornada 3 casos, ata un total de 230. Maside baixa un caso ata os 47. San Cristovo de Cea baixa un caso ata os 35 casos. Punxín baixa ós 29 casos. O Irixo conta con 22 casos e Boborás sobe un caso ata os 18. San Amaro sobe ata os 25. Piñor sobe ós 12 casos. Beariz baixa ós 5 casos.

Ribadavia sobe ata os 116 contaxios. Avión mantén a tendencia á baixa ata os 51 contaxios.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 3.200 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 49.376. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 48 (+7) están en UCI e 646 (-10) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 330 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 4.791. En canto á presión hospitalaria, contamos con 115 (+9) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+2)  na UCI.