Gabriel Alén indica en Baños Molgas que “o multipartito adícase a ofrecer caos e un descoñecemento absoluto do rural de Ourense e de Galicia enteira”

●         Ethel Vázquez sinala “a absoluta falta de impulso ás novas infraestruturas que precisa esta provincia e o abandono do mantemento axeitado das que xa existen, do que é responsable Pedro Sánchez apoiado tanto polos socialistas galegos como polos socios independentistas do BNG”

AVANTAR ACTIVIDADES

●         Luis Menor afirma que “temos que encher as urnas o día 18 con papeletas do Partido Popular para garantir que Galicia siga funcionando e un goberno serio e responsable que mire por todos nós. O único que lles interesa ao BNG e PSOE é converter a Galicia nunha sucursal do goberno independentista de Sánchez e Puigdemont”

9 de febreiro de 2024.

Gabriel Alén

·        O candidato popular remarcou o potencial de sectores como o turismo termal, o primario e forestal en Baños de Molgas, terra rica en oportunidades, na que o novo polo de emprendemento suporá un “pulo importante”, afirmou; pois “cumprirá co triplo obxectivo de casar a xestión da busca de emprego coa realidade demográfica e social da contorna; dinamizar o mercado de traballo, buscando a interacción entre os ámbitos rurais e urbanos; e fixar poboación no territorio”.

·        Gabriel Alén matizou que o de Baños de Molgas ampliará a rede de polos da provincia ourensá, tras a posta en marcha dos do Carballiño, Verín e o Barco de Valdeorras, “unha aposta decidida e efectiva polo futuro do rural da nosa provincia dentro dunha Galicia que funciona con Alfonso Rueda á fronte”.

·        De feito, Alén contrapuxo este exemplo de xestión coas accións de BNG e PSOE, “cun multipartito que se adica a ofrecer caos e un descoñecemento absoluto do rural de Ourense e de Galicia enteira”.

Ethel Vázquez

·        A candidata popular pola provincia de A Coruña, Ethel Vázquez, sinalou a absoluta falta de impulso ás novas infraestruturas que precisa esta provincia e o abandono do mantemento axeitado das que xa existen, do que é responsable Pedro Sánchez, apoiado tanto polos socialistas galegos, como polos socios independentistas do BNG.

·        Esta falta de compromiso contrasta co impulso realizado desde a Xunta de Galicia, coa redacción do proxecto de trazado da reforma da estrada OU-533, que mellorará a conexión de Valdeorras coa A-52 e coa estación do AVE de A Gudiña, tal e como explicou Ethel Vázquez.

·        Concluíu Ethel Vázquez expresando que fronte a este abandono e desprezo do goberno socialista, “quero expresar o compromiso do Partido Popular para continuar loitando pola mellora das comunicacións de Ourense, por iso pido que o 18 de febreiro voten por un goberno serio e por un goberno garante da estabilidade da nosa terra, da Galicia que funciona, da Galicia do presidente Rueda e da Galicia do PP”.

Luis Menor

·        O presidente provincial do PP, Luis Menor, animou a “encher as urnas o día 18 con papeletas do Partido Popular para garantir que Galicia siga funcionando e para garantir un goberno serio e responsable que mire por todos nós”.

·        “Se queremos que Ourense siga funcionando, o único voto que vale é o do PP. O único que lles interesa ao BNG e PSOE é converter a Galicia nunha sucursal do goberno independentista de Sánchez e Puigdemont”, explicou o líder dos populares ourensáns.

·        “Todo o que non sexa a Galicia que funciona de Alfonso Rueda podería supoñer unha etapa gris, máis ben escura, moi escura para toda Galicia e para Ourense. Só hai que mirar o que ocorre en Madrid, cun Goberno sometido á chantaxe independentista”, lembrou Menor.