A Praza Maior do Carballiño acolle mañá unha manifestación en defensa do Asilo

Un grupo veciñal sen estar asociado, convocou para mañá sábado, día 5 de febreiro, ás 12:00 horas na Praza Maior do Carballiño, unha manifestación en defensa dos dereitos e de manter vivo o lego do Asilo dos Irmáns Prieto. Aseguran que este acto está motivado pola confusión creada entre os veciños polas noticias e dubidas aparecidas ultimamente con respecto a xestión deste asilo.

O Colectivo Veciñal Carballiño e algunhas formacións políticas xa anunciaron que darán o seu apoio e que estarán nesta manifestación e piden o máximo apoio de toda a cidadanía para amosar que se fará todo o posible para defender os intereses do Asilo.

AVANTAR ACTIVIDADES