O Partido Popular de Ribadavia presenta unha batería de propostas ós orzamentos de 2022

IES CHAMOSO LAMAS

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar un documento con diferentes aportacións ao borrador de orzamento para 2022 presentado polo goberno municipal. Entre as propostas presentadas polo grupo municipal do Partido Popular, que supoñen mobilizar máis de 250.000 €, atópase a realización dun plan de emprego dotado con 75.000€ destinado a persoas en paro, a creación dunha liña de axudas directas a autónomos e PEMEs do Concello de Ribadavia, dotada co 1% do orzamento municipal (53.804.85 €), así coma dotar partidas suficientes para contratar a redacción do plan de Dinamización da área Rexurbe, un plan de mobilidade sostible, o plan director do entorno de San Xés en Francelos e a redacción dos Aris de Francelos, Sampaio e Santo André.

Os populares sinalan que no capítulo de investimentos, o orzamento presentado polo goberno municipal é un auténtico brindis ao sol xa que a práctica totalidade das obras que nel se sinalan carecen a día de hoxe de proxectos nin memorias valoradas, así como a relación de permisos sectoriais necesarios que poidan levarse a cabo. Resulta chamativo que a única obra que conta con proxecto redactado e cos permisos sectoriais pertinentes é a que deixou comprometida o goberno popular a finais de 2020 para embelecemento do núcleo rural de Ventosela, unha obra que despois dun ano de goberno aínda non foron capaces de executar.

OZOCOgz Deseño Galego

Por outra banda, os populares critican duramente o feito de que o novo goberno, coa súa forma de actuar esté cargándose todo o traballo feito para conseguir a declaración da área Rexurbe no Casco Histórico de Ribadavia en xuño de 2020, xa que ademais de non destinar neste orzamento nin un só euro á redacción do imprescindible plan de dinamización, optaron tamén por vender os inmobles que actuaban de contraprestación en especie do concello na memoria aprobada no seu día polo Consello da Xunta, o que supón botar por terra o traballo feito polo goberno do Partido popular de Ribadavia, poñer en entredito a viabilidade do desenvolvemento da área rexurbe de Ribadavia e rexeitar un importante proxecto da Xunta de Galicia do que sí se aproveitarán outros concellos coma Mondoñedo, A Coruña, Tui ou Ribadeo.