O Novo Cine de Leiro trae “Spirit” e “Operación Camarón” esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende mañá venres ata o próximo xoves, o Novo Cine de Leiro ofrece unha dobre carteleira. Por unha banda está o filme infantil “Spirit”, que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e pola semana, ás 18:15 horas. Por outra banda, chega a Leiro o humor co filme “Operación Camarón”, que se poderá ver na fin de semana ás 18:15 e ás 20:30 horas e pola semana, ás 20:30 horas.