O Carballiño mantense estable con 73 caso, un máis ca onte. Todos os concellos da comarca contan hoxe con casos activos

A comarca sobe os casos totais coma consecuencia de varios concellos que ascenden os casos hoxe, ata un total de 116.

O Carballiño mantén a estabilidade. Nos últimos días os datos subiron de xeito continuo, amosando preocupación. Hoxe as cifras mantéñense estables, subindo un caso respecto a onte, para un total de 73.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os focos preocupantes, aínda que estables, son os que se orixinaron o pasado venres en Maside, que ascende a 13 contaxios, mantendo a cifra de onte. E Boborás, con 13 casos activos. O aumento debese a un brote producido no Fogar Residencial de Brués, no que hai 12 residentes positivos e 4 traballadores (que non todos pertencen a Boborás). A situación está sendo xestionada dende Política Social, Sanidade e o propio centro. En ambos casos, a situación está controlada en non ascendeu na fin de semana.

O concello de Beariz mantén os dous casos activos, igual que Punxín e San Amaro. O Irixo e Piñor, que tiñan onte un so caso activo, pasan a ter dous cada un deles, e no caso de San Cristovo de Cea mantéñense os sete de onte.