As últimas obras de mellora realizadas na rúa Venezuela levantaron asperezas entre os veciños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As últimas obras de mellora realizadas na rúa Venezuela levantaron asperezas entre os veciños e tamén foros criticadas por algúns partidos políticos da vila

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Algúns partidos políticos coma Espazo Común ou o Bloque Nacionalista Galego uníronse ás queixas dos veciños da rúa Venezuela polas que califican coma “obras sen coherencia” realizadas na zona e piden explicacións ó Concello.

VIDEO

Sofía García, portavoz do BNG, recalcou a duración excesiva das obras, iniciadas en agosto do ano 2019 e finalizadas este mes. Mostraron eivas nas obras como o mal acceso da rúa ó paso de peóns, perigoso e que non cumpre cas medidas de seguridade. Falan tamén da colocación dos bancos, a escasos centímetros da calzada e ubicados de cara á parede, unha colocación tamén criticada polo membro de Espazo Común, Adolfo Nogueira. Os veciños tamén mostraron as súas queixas polos cortes de luz sofridos e por deixar un socavón correspondente co oco dunha árbore tapato cunha valla dende fai meses.