O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense reafirma o seu posicionamento a respecto da ordenanza de convivencia cívica (mal chamada antibotellón)

Na reunión celebrada hoxe da Comisión da Ordenanza de Convicencia Cívica e prevención da saúde derivada do consumo, venda e promoción de bebidas alcólicas, o BNG puxo enriba da mesa a necesidade de que sexa participada, pois “é preciso que se queremos que sexa unha ordenanza que conte co maior consenso posible se lle dea voz tamén a mocidade e a parte da veciñanza que está solicitando participar”.

Lembramos que non é unha ordenanza anti-botellón, pois o botellón xa está prohibido. O verdadeiro problema é o consumo de alcol, sexa na rúa ou en espazos privados. “Aí é onde as institucións teñen que volcarse.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o BNG reclamamos que ao mesmo tempo que se avanza na ordenanza, “o concello poña en marcha desde xa alternativas para a mocidade, e non vale escusarse en que esas son áreas que leva o alcalde”. Se está é unha ordenanza transversal que afecta a todas as concellarías, o grupo de goberno ten que actuar de xeito que haxa unha oferta de actividade cultural e de alternativas de ocio, “ademais hai que lembrar que a concellaría de xuventude lévaa o PP, e hai partida orzamentaria para realizar actividades alternativas dirixidas á mocidade, unha partida da que se leva gastado unha cantidade ínfima tanto en 2019 como en 2020 e que no 2021 está intacta,  como tamén contamos no concello cun Espazo para a Mocidade, o Espazo Lusquiños que a día de hoxe segue a estar pechado. por que o grupo de goberno mantén Lusquiños pechado desde marzo de 2020?,

Desde o BNG fixemos achegas ao texto que agardamos que sexan incorporadas ao texto final. Para o BNG é necesario que se garanta o uso público do espazo público,. Tamén vemos imprescindible a creación de espazos alternativos onde a mocidade poida reunirse e concentrarse sempre respectando o dereito ao descanso. Ten que haber un equilibrio entre o dereito ao descanso e o disfrute dos espazos públicos,  é necasaria a creación de espazos culturais con actividades culturais fora do consumo de alcoll. Deixemos de criminalizar á mocidade.