O Paco Chao encheuse no Interescolas de ximnasia rítmica

O pavillón Paco Chao do Carballiño acolleu este domingo a quinta edición do campionato interescolas de ximnasia rítmica. Máis de 300 ximnastas déronse cita, das 700 que conforman a liga galega. A escola Marusía, do Carballiño, conta con preto de 60 ximnastas, todas elas presentes no campionato de onte.

A entrega de premios contou ca presenza do alcalde, Francisco Fumega, e o tenente alcalde, Manuel Dacal.

AVANTAR ACTIVIDADES