Recepción no Pazo Provincial ao presidente da asociación de adestradores de fútbol Afiador

Manuel Baltar subliñou o labor que desenvolve esta asociación “para facilitar a mellor preparación e cualificación dos adestradores ourensáns” 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,  recibiu no Pazo Provincial ao presidente da asociación de adestradores de fútbol Afiador, Luis Soria, que lle entregou un exemplar da revista que edita o colectivo e na que se recollen todas as actividades organizadas ao longo do ano, fundamentalmente no ámbito formativo. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante o encontro Manuel Baltar subliñou o labor que desenvolve esta asociación “para facilitar a mellor preparación e cualificación dos adestradores ourensáns, que grazas ao traballo de persoas como Luis Soria e o seu equipo poñen a disposición dos asociados os coñecementos de profesionais de primeiro nivel”. 

Luis Soria, pola súa banda, agradeceu as palabras do presidente provincial, subliñando a colaboración que sempre atoparon na Deputación para a súa actividade, como institución e como goberno totalmente implicados no mundo do deporte. 

A asociación de adestradores de fútbol Afiador naceu hai máis de trinta anos, en 1991, para ofrecer aos adestradores da provincia a posibilidade de acceder a charlas e coloquios de formación. Na actualidade conta con 110 adestradores afiliados pertencentes a todas as categorías de fútbol.