Intervención de Felipe Senén na Insua dos Poetas ao recibir o premio na categoria de “Investigación e Promoción Cultural”.

Os sete gañadores recibiron unha peza orixinal do escultor Acisclo Manzano, recentemente galardoado coa Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

O colectivo Brais Pinto, defensores da cultura galega no franquismo

AVANTAR ACTIVIDADES

A XIV edición da Festa da Palabra recoñece a Brais Pinto como un actor decisivo na construción cultural da Galicia contemporánea, a través de proxectos e accións culturais que alimentaron un espazo clave de reflexión e activismo cultural, primeiro no franquismo e despois na democracia. 

O colectivo creouse en 1958 arredor de nove galegos residentes en Madrid, todos eles estudantes universitarios ou traballadores preocupados pola situación de Galicia. Entre eles estaban nomes referenciais da cultura galega do século XX como os ourensáns Xosé Luis Méndez Ferrín (Ourense, 1938); Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben-Cho-Shey” (Ourense, 1896 – Madrid, 1988); Bautista Álvarez (San Amaro, 1933 – Beariz, 2017) e Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 – A Coruña, 2015). Ademais, completaban o grupo Bernardino Graña (Cangas, 1932); Ramón Lorenzo (Ames, 1935); Reimundo Patiño (A Coruña, 1936- A Coruña, 1985); Xosé Alexandre Cribeiro (Pontevedra, 1936 – Pontevedra, 1995); Herminio Barreiro (Sanxenxo, 1937- Santiago, 2010)  e César Arias (Ribas de Sil, 1932 – Madrid, 2021)