O Irixo 24/11/20 Presentación de la asociación marca Irixo en el concello Fotos Martiño Pinal

O proxecto de promoción do sector agrogandeiro do concello de O Irixo, denominado MARCA O IRIXO, arrancou no mes de Novembro coa promoción da recollida da castaña. A finais de novembro poñían en marcha a súa tenda de venda online. O peche da campaña de Nadal, Marca O Irixo superaba a cifra dos 150 pedidos entregados, o que supuxo un volume de venta para as empresas asociadas de máis de preto de 9.000€

A confianza mostrada por os veciños foráneos, as empresas que confiaron no proxecto e a calidade dos produtos ofrecidos están a ser a clave para o bo resultado obtido. O Irixo chegou este Nadal as casas de centos de españois; Cádiz, Málaga, Murcia, Barcelona, Girona, Bilbao, Guipuzkoa, Valladolid, Zamora, Zaragoza, Madrid, e tamén ás catro provincias galegas. 

Os bos resultados animan a seguir na búsqueda de novos obxetivos, o entroido e os seus cocidos  serán o novo proxecto da Marca, con produtos cachucha, lacón, pan, queixo e como novedade grelos e nabiza.