Queixas desde a Anpa do Conservatorio de Música de Ourense

Pasa o tempo pero a indiferenza e/ou ineficacia da administración véndose perxudicado o de sempre: o alumnado dos Conservatorios.
Non é a primeira vez que nos atopamos na mesa circunstancia: baixas de profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Ourense que, por unhos motivos ou por outros tardan o incomprensible en cubrirse con profesorado substituto. Ben por non ser áxiles nos chamamentos de persoal, ben por non estar actualizadas as listas de substitutos,
ben por rexeitar éstes a praza ofertada por non resultarlles de interese…as motivacións son variadas.
Queremos ser especialmente coidadosos en deixar claro que, por suposto, respetamos os dereitos do profesorado, tanto nas reduccións de xornada, coma en calquera outra circunstancia que lles impida impartir clases normalmente, é máis o noso apoio é total nese sentido. Na maioría dos casos temos constancia de que é o propio profesorado
afectado quen vai “un paso por diante” e trata de contribuir e compensar ao alumnado no que lles resulte posible.
Tamén entendemos que é razoable que un candidato substituto poida renunciar a unha praza ofertada, por ser de media xornada ou de escasa duración e non resultar xeográfica ou económicamente razoable… pero ahí é donde a Consellería de Educación ten que incidir, con propostas e medios para que isto no ocorra e, dende logo preocupándose por ter unas listas de substitutos actualizadas e garantistas… porque resulta que as consecuencias sempre remata por asumilas o alumnado coa falta do docente. E…razoemos, si o alumno/a non ten profesor/a, como se substancia
o ensino?
Con esta “música” levamos xa loitando moitos cursos e a cousa non mellora nada de nada. As nosas chamadas de atención teñen sido por diferentes medios cada vez que un destes casos se produce, cremos que ten que ser de outra maneira. Todos temos obrigas e dereitos, e dentro destes últimos, o fundamental é o de recibir un ensino musical de
calidade, para iso se matriculan, se esforzan e renuncian a moitas outras cousas da sua vida. Tamén as familias poñen todos os medios para que esto poida ser posible.
Resulta moi entristecedor ver, unha e outra vez, que a situación non progresa, e non se pode decir que sexa por falta insistencia pola nosa banda. É importante que na Consellería nos escoiten e semelle que nos tenten axudar na solución
dos conflitos, pero non tiñan que esperar a que dende aquí lles vaiamos sempre cos mesmos problemas. Estamos convencidos que con vontade se poden mitigar en grande medida, ainda sen cambiar os protocolos actuais (que tratan de protexer a todas as partes implicadas, non sendo a máis desprotexida, coma sempre o alumnado).
Moi difícil debe de ser que a administración vexa esto con antelación, máxime cando se trata dunha pedra na que tropeza continuamente: Listas de substitución que nin se supervisan nin se actualizan regularmente. Cando hai que facer uso delas non sirven ou representan unhas perdas de tempo lectivo irrecuperable para o alumnado e que
afectará ó seu expediente. Eso sin mencionar os permisos e/ou baixas de curta duración que non chegan nin a cubrirse.
Tanto na ANPA coma na representación do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, non repararemos en esforzos nin medios para dar a coñecer a problemática e a causa da mesma, tamén na suma apoios e sensibilidades que conduzan ás solución, coma sempre.