O Carballiño busca protagonistas para unha curtametraxe ambientada nunha romaría dos anos 50

O Carballiño converterase nun plató de cine con motivo da rodaxe nunha curtametraxe ambientada nunha romaría dos anos 50 coa figura das pulpeiras como protagonistas. Para poder levar a cabo a rodaxe estanse a buscar actores e actrices. Ao longo da tarde de mañá celebrarase un cásting na sala de exposicións do Auditorio Manuel María, en horario de 16.00 a 22.00 horas.

Máis en concreto, búscanse catro perfís femininos, un para a muller protagonista, outro para actriz principal e dous para papeis secundarios:

AVANTAR ACTIVIDADES

Concha: Entre 25 e 40 anos. É a protagonista. Pulpeira con experiencia. Muller moi traballadora e cun marido que sempre se está a meter en problemas.

Ramona: Entre 45 e 55 anos. Pulpeira con experiencia. É a mellor amiga de Concha e sempre mira por ela. Muller intelixente e moi curtida na vida.

Carmiña: Máis de 65 anos. Pulpeira con experiencia, un pouco despistada pero esperta.

Antonia: Entre 45 e 55 anos. Pulpeira con experiencia.

Ademais, precísanse perfís para os dos papeis masculinos principais:

-Fidel: Entre 30 e 45 anos. Con mirada pícara e don de xentes. A súa función na romaría é a de relacións públicas. Dedícase a beber e xogar máis que a traballar.

-Eladio: Entre 45 e 55 anos: Home de aldea, intelixente e cun punto maquiavélico. É da aldea onde se celebra a romaría. Ese día está na festa co resto dos veciños.