Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Os avances tecnolóxicos nas comunicacións  trouxeron hai anos a globalización das novas que acontecen aquí e alá ou no sin fin deste planeta. Logo, por mor dese avance  comunicativo  apareceu a globalización da economía. E iso trouxo a  chamada deslocalización de empresas. Este fenómeno social dáse cando se globaliza somente  a parte económica mentres os dereitos sociais e laborais seguen estancados nos países onde se  vai investir.  As economías dos distintos países teñen  diferencias brutais e  xa se sabe,  as empresas e corporacións levan no seu adn gañar cartos. Paralelamente a estes avances sinalados foron tomando corpo as chamadas redes sociais. E con elas novas formas, non digo mellores nin peores, de comunicación. Mais todo avance técnico ten cousas positivas, pero tamén chega o que se pode nomear como os efectos colaterais ou cousas negativas derivadas polo mal uso deses avances. E a día de hoxe, fronte a aquela prensa que era a fonte de novas que, aínda tendo tendencias políticas marcadas e restricións intencionadas,  informaba á sociedade do  que ía acontecendo, apareceron novas formas de comunicación que, a día de hoxe, teñen un gran  poder de convocatoria pra difundir novas, ou se o prefiren de desinformación,  que cambiou completamente as regras de xogo no mundo da comunicación. Hoxe as redes nas que andan os  chamados Youtubers son un chan aberto a que calquera pode poñer nelas o que lle peta. Polo que todo mudou  nese eido.  Pois o sentido periodístico de manter  certos límites éticos e de veracidade xunto  con certos niveis de calidade e de  como se ten que comunicar, a día de hoxe, pasou ó esquecemento.  Xa non é o máis importante. Mellor, está moi limitado.

Hoxe en día estes novos modos de comunicación anuncian e   poñen  cousas que, en moitos casos,  son chismes ou noticias sen confirmar. Pois o que importa, o que está en xogo,  e ter  seguidores, aínda que se saiba que se contan medias verdades, ou se poñen trolas. O que interesa  é ter seguidores que, ate poden ser medio papanatas, que cren todo o que sae polas pantallas.   Pois iso trae dividendos que son cartos para estes apóstolos dun novo tempo. Na recente invasión de marroquís de  Ceuta e as que veñan, as convocatorias maiormente viñeron polas redes sociais. O que non impide que detrás delas  ate se agochen intereses da xeopolítica ou intereses de mala veciñanza. Todo é posibel. Pero esas redes son as que debuxan cousas fantásticas, países idílicos,  e moven, sobor de todo, a xuventude pra ir na procura dun mundo mellor, cando o que tiña que facer é loitar no seu país polas liberdades e mellorar o nivel de vida dentro del. A mocidade actual, e moitos que non son mozos,  dánlle máis creto ó que lle chega por boca desas redes que a análise  dun profesional sosegado que expón o seu razoamento nunha nova. Polo que vivimos nun tempo moi complexo onde o  poder destas redes,  que banaliza  o sentido da razón, xoga coas emocións  e manexa a realidade segundo lle convén é un feito real.  Estamos en días onde a manipulación das masas é unha  realidade. Se a isto lle sumamos que todo é aproveitado polas forzas maiormente da extrema dereita,   o resultado é sorprendente. Branqueo de ditaduras e asasinos convertidos en persoas moi boas para a sociedade. Creación de falsos mitos e a promoción de ideoloxías  extremas e moi radicais que, con discursos simplistas, propoñen solución milagreiras a problemas moi complexos.  Polo que,  diante esta situación, as preguntas xorden axiña: estamos diante o mal uso ou estamos a caer na ditadura das redes sociais? Facémoslle máis caso a quen  contrasta as novas ou a un charlatán que nos engana? En fin,  todo vai chegando, e neste tempo semella que estamos diante o poder incontrolado das redes sociais onde a ética informativa anda moi escasa.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------