AXENDA CULTURAL

HOXE VENRES 31 DE XULLO

O grupo folk “Caldo” estará , no Carballiño para ofrecer un concerto con temas tradicionais e composicions propias.

O concerto, que se enmarca na Rede Galega de Teatros e Auditorios, terá lugar ás 20,00 h., no anfiteatro da Veracruz, con entrada libre e aforo limitado. 

O gaiteiro Isidro Vidal ofrece un concerto de música folk no anfiteatro da Veracruz, dentro do programa cultural do verán 2020. A actuación será ás 21,00 h., con entrada libre e aforo limitado.

E hoxe comezan as vivitas guiadas en Boborás, que se celebrarán ata o 15 de setembro. Os venres haberá dúas sesións, ás 16:00 horas e ás 18:00 horas e os sábados e domingos haberá dúas visitas de mañá e dúas de tarde. Os principais espazos que se visitarán serán os conxuntos históricos de Pazos de Arenteiro e o Pozo dos Fumes, así coma áreas arqueolóxicas e igrexas do municipio. Será obrigatorio facer reserva previa no correo turismo@boboras.gal ou no teléfono 681 166 180.

SÁBADO 1 DE AGOSTO

Na Praza Maior do Irixo haberá un concertó do grupo Mounqup, proxecto musical de Camille Hédouin, cantante e compositora franco-galega afincada en Gontán (Verea). Haberá cadeiras para os asistentes e é obrigatorio cumprir as normas sanitarias vixentes.

No Carballiño, na Praza da Veracruz, para os máis pequenos, ás 11,30 horas co grupo CHARLATANA, a actuación “Peter Punk Chungo que te cagas” e ás 19:00 horas, co Mago Teto, “Alquimia”.

E no Náutico de Castrelo de Miño, concerto do grupo Impossiblues, das 21:30 horas ás 23;30 horas.

DOMINGO 2 DE AGOSTO

No Carballiño, na Praza da Verazcruz, ás 11,30 horas, para os máis pequenos, a actuación dos Monicreques do Kukas, ca obra “O encoro enmeigado nas fragas do Eume” e ás 19;00 horas, o concertó infantil de Xoan  Curiel, ca obra “A casa do terror”.