Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Cando chegas á xubilación, non sei o por que,  lembras moitas  das etapas vividas. Joán Manuel Serrat afirma que desprezar o saber e o vivido polos maiores é un grande erro para  sociedade de hoxe. Os novos xa te ven coma se foses un moble vello e, ignorando o saber da experiencia, o colleitado nos anos vividos e  a suma dos éxitos e fracasos pensan. Mais os novos  coa súa forza pensan que  van comer o mundo, e ignoran a  experiencia e todo o  que lles contas chámanlle batalliñas do avó.

Con todo, como moitos reflexionamos e contrastamos o pasado vivido co presente; outeamos as diferencias e vemos  que non deixan de abraiarnos. Veredes:  eu como tantos rapaces da miña idade fun educado no que había e lembro con moita claridade cando na igrexa, mellor nas misas, pasaban o peto pedindo para os “chinitos.” Seica estaban tan mal que aquela igrexa patriarcal quería axudalos levándolle algo de cartos ademais da palabra de Deus.

Nós, rapaces  que viviamos sen sabelo nunha ditadura, naquel tempo cando comezamos a ver o seiscentos, ate nos sentiamos confortados pensando que axudabamos ós que estaban sen civilizar e vivían na fame e na máis absoluta miseria. Polo que intuíamos  que eramos superiores. Claro, ignorábamos que eles, os chinos, tamén tiñan a súa relixión e as súa crenzas e miles de anos des historia as súas costas. Pero quedabamos satisfeitos, pois dentro da nosa precariedade sentiámonos  mellor ca eses pobres rapaces. Pasaron os anos, decenios, e todos fomos evolucionando e vendo a realidade social doutra maneira.

E case sen decatarnos chegamos ós tempos actuais onde todo virou e moito. Pois agora en occidente e no noso estado tamén resulta que estamos desexando que a sociedade daqueles “Chinitos” veñan a Galiza a fabricar coches. Si, pois deica son moi bos e máis baratos cós que se fan en Europa incluíndo España. E ó ver esta realidade e os avances na tecnoloxía dos chinos todos caemos na conta de  que, houbo un tempo que estabamos no mundo cunha visión moi cutre e moi local. Unha visión en todos os aspectos na que soamente escoitabamos o Parte das noticias que lle conviñan ó réxime e a súa sintonía xa nos era familiar. Unha visión do mundo a través do cine onde os vaqueiros eran os bos e os indios os salvaxes.

E agora sabermos que aquel “Noticiero Español”  que se proxectaba nos cines e que era de obrigado cumprimento  comíanos o tarro e tiña moita manipulación. Ou sexa, que estabamos moi mediatizados por aquel réxime que o controlaba todo. Pois as novas locais daqueles xornais a vista de hoxe daríannos a risa. Falaban do que lle deixaban, pois a censura era como unha lousa que multaba e prohibía aquelo que poñía en cuestión un réxime nacido da imposición das armas. Porei un exemplo: “en la aduana de Feces fueron apresadas unas vacas que cruzaron solas la frontera.” E desas había moitas  máis. Outras que aparecían eran as referidas os asuntos da cidade. Ou sexa: minucias.

A vista daquel tempo pasado ala polos sesenta do século XX, moito mudaron as cousas. Moito mudou a forma de ver a vida e o mundo. Moito trocou a maneira de relacionarse e incluso a moral.  Pois quen podía pensar que aqueles pobriños chinos ós que nós queríamos culturizar e salvar tiñan unha civilización máis antiga cá occidental. Tiñan unha cultura baseada no esforzo e no traballo. E a día de hoxe son unha potencia que aspira a gobernar o mundo sen facer guerras. Hoxe fago este comentario pra amosar as voltas que dá a vida e como mudan os conceptos que temos sobras persoas, as razas e os países.

Ás veces o non ver mundo  lévanos a crernos superiores, e noutros casos como o dos  americanos do norte,  a sentirnos inferiores a eles.  E agora que vemos o que fan os inaquis  decatámonos que estamos moi errados. Esta foi a realidade na nacemos e vivimos unha xeneración a  que hoxe é a dos  máis maiores da sociedade. E vaia por diante que  levamos unha grande sorpresa, pois ó ver outras realidades  decatámonos que naqueles anos viviamos na inopia. Hoxe, ata o Sr. Rueda lle agradece ós chinos que monten unha fábrica nesta terra. En fin: cousas veredes.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------