O PSOE critica o rexeitamento para o pago da suba salarial ós traballadores da Deputación

Videoconferencia do Pleno Telemático da Deputación Ourense correspondente ó mes de abril de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

O PSdeG-PSOE vén de presentar ao pleno da Deputación de Ourense unha moción de urxencia para que o goberno de Manuel Baltar “cumpra a lei” e “abandone a senda da morosidade”, aplicando inmediatamente a suba salarial de 2021 que adeuda a centos de traballadores e traballadoras desde hai cinco meses. Os socialistas reclamaban “dotar á Deputación dunha partida orzamentaria dabondo” para executar este incremento recollido na Lei 11/2020 de Orzamentos Xerais do Estado do ano 2021, “nos termos recollidos na normativa vixente”. A iniciativa non foi debatida e votada porque o PP e a tránsfuga non adscrita, Montse Lama, votaron en contra da urxencia.

O secretario xeral da institución “avalou” nun informe as denuncias efectuadas hai tres semanas, logo dos “insultos” e “desinformacións” do goberno provincial, tras destapar os socialistas unha situación que “ten moi molesto e preocupado ao persoal”. O goberno de Baltar está obrigado a executar esta suba que non afecta aos cargos electos, tal e como certificou o alto funcionario e ao contrario do proclamado polo voceiro do PP, Plácido Álvarez, “entre mentiras descaradas e descalificacións personais” para “sarvalle a cara a Baltar, que é quen ostenta a xefatura superior de todo o persoal”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicevoceiro socialista, Nacho Gómez, defendeu que “os traballadores e traballadoras desta casa non teñen a culpa” de que sexan “tan teimudos para non recoñecer o seu error, polo que “reclamamos esta suba de inmediato”. “O presidente non coñece que o convenio desta institución ten esta obriga”, polo que “coas tonterías que puxeron nunha nota de prensa” estaban “falseando a realidade dunha forma malintencionada”, denunciou. “O que hai que facer é coñecer máis esta casa, porque nós sabemos do que falamos e vostedes limitaron a súa resposta aos insultos a quen lles planta cara”, insistiu.

O deputado pediu o voto favorable de todos os grupos “porque no caso contrario serían máis de cinco meses de débeda”, algo que si fixeron PSOE, BNG e DO. Estes “atrasos indebidos” e “impagos irregulares” nas nóminas dos empregados e empregadas é culpa do presidente, quen aprobou en setembro de 2020 os orzamentos de 2021 “ás présas coa única intención de publicitar que eran os primeiros de España”. “O que realmente aprobou foi unha fábula contable que ten que corrixir mediante modificacións de crédito millonarias e subvencións a dedo”, denuncian desde o grupo socialista.

Informe contundente do secretario xeral

O secretario xeral concluíu no seu informe que “de acordo coas previsións do Acordo regulador para o persoal funcionario e do Convenio colectivo, tanto ao persoal funcionario como ao persoal laboral lles resulta aplicable o incremento salarial previsto no artigo 18, apartados dous e catro, da Lei 11/2020 de Orzamentos Xerais do Estado para el ano 2021”.

Igualmente sinala que o persoal eventual “ten dereito a un incremento retributivo idéntico”, pero matiza que “non resulta de aplicación aos cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial (coa excepción indicada das actualizacións que procedan respecto das retribucións referenciadas ao cargo de director xeral da Comunidade Autónoma)”. Desde o servizo de intervención tamén confirmaron que “non existe a dotación orzamentaria” e, polo tanto “non é posible, neste intre, levar a cabo ningún incremento salarial”.