As chuvias revelan o que as obras deixaron: augas turbias, vexetación desordenada e unha familia de patos criando nun humidal degradado
Cando en abril publicaba o artigo “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño” o dano era previsible. Hoxe, tras as chuvias das últimas semanas, é visible. A lagoa presenta a súa lámina de auga turbia, cargada de sólidos en suspensión arrastrados polas escorreduras desde as zonas removidas polas obras. Unha vexetación acuática provocada polo exceso de nutrientes (fósforo y nitróxeno) cubre xa boa parte da superficie.

As consecuencias eran previsibles e hoxe son comprobables: en condicións de choiva, o humidal converteuse nun receptor de augas cargadas de sedimentos e nutrientes. Non fixo falta agardar moito para velo.
O Concello denomina estas actuacións “proxecto de rexeneración natural”. Convén ser precisos: o que se fixo en As Barcias non é unha rexeneración, é unha agresión urbanística. Selar o bordo dunha lagoa con firme impermeable, suprimir a levada que regulaba o seu aporte hídrico durante décadas, construír taludes que invaden a súa liña de inundación e substituír a súa marxe natural por unha xeometría de bloques de granito son intervencións que alteran de forma profunda e duradeira os mecanismos que fan funcionar o ecosistema. Chamarlle “natural” a todo iso non é unha imprecisión: é un eufemismo que oculta a realidade do dano causado.

Nin o alcalde en funcións (José Rafael Castro-Gil Seijas) nin a concelleira responsable (María Elvira Torres González) teñen ofrecido explicación pública ningunha sobre a finalidade e o contido do proxecto, nin adoptado medida correctora algunha. A única información dispoñible é o panel anunciante das obras. Este silencio non é casual: é a expresión dunha falta de responsabilidade institucional que resulta inadmisible cando o dano é observable a simple vista e está sendo documentado polos propios veciños.
Ademáis, non se debe esquecer que todas as medidas financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos NextGenerationEU deben respectar o principio de non causar dano significativo ao medio ambiente (principio DNSH, Do No Significant Harm), e a afección documentada sobre un humidal por obras financiadas con estes fondos podería ser incompatible con dito principio.
Maila todo, nese mesmo espazo degradado, unha familia de patos instalouse para criar, como se amosa no seguinte video.
Notese que polo estado de desenvolvemento dos patiños as obras deberon comezar en época de aniñación e/ou cría. A natureza persistindo a pesar da neglixencia institucional.
O Concello debe actuar con carácter inmediato en dúas liñas. A primeira, paliar a situación de urxencia mediante medidas que deben poñerse en marcha sen demora:
- Instalación de barreiras de sedimentos temporais nas zonas de maior achega de sólidos (pacas de palla).
- Revisión do punto de desaugue da tubería que substituíu a levada histórica, para evitar aportes directos de sedimentos ao humidal.
- Construción dun dique ou barreira perimetral co fin de evitar o acceso e para que intercepte as escorreduras antes de que alcancen a lámina de auga.
- Plantación urxente dunha franxa de vexetación densa entre o camiño e a lagoa, con especies autóctonas de ribeira, que actúe como filtro e pantalla.
A segunda, abordar con seriedade as medidas de conservación e protección que xa detallaba no artigo anterior e que o Concello ten na súa man poñer en marcha: a restauración dos elementos patrimoniais afectados e a solicitude á Consellería de Medio Ambiente da declaración dos humidais existentes no municipio como espazo natural de interese local.
O que está a suceder en As Barcias non é un feito illado: é a expresión dunha forma de entender o espazo natural como soporte para a urbanización. O parque municipal do Carballiño, en lugar de ser xestionado como un ecosistema vivo, está a ser tratado como un espazo a urbanizar. Esa lóxica é a que debe cambiar, e o primeiro paso é deter o dano que se está a producir agora mesmo.
A lagoa de As Barcias non pode esperar. Cada xornada de inacción é unha xornada de irresponsabilidade acumulada.
O Carballiño, maio de 2026



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:
Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”
Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”
Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”
Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”
Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”
Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”
Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”
Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”
Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”
Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “
Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″
Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”
Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”
A “Parada de Autobús Intermodal”
O plan especial de seca: un plan moi especial
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable
Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro
Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial
Las alternativas para la ampliación del polígono industrial
La ampliación del polígono industrial en información pública
Ahorro de energía en el alumbrado público
Ahorro energético en comunidades de vecinos
El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud
Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas
Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable
Carballiño: Puerto seco de Galicia
Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial
La ampliación del Polígono y el Paisaje
La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico
La ampliación del polígono y el patrimonio natural
Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial
El poligono industrial de Maside
Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”
















