Foto de portada: Faro de Vigo
O Día das Letras Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron pola achega literaria en idioma galego. Desde 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica esta celebración a unha personalidade diferente.
A data de celebración escolleuse para homenaxear á publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863. Data que marca o inicio do “ Rexurdimento”, o renacemento cultural galego.
A Real Academia Galega dedicalle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964 – Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014). Así o decidiu a institución no pleno ordinario celebrado no palacio municipal de María Pita (A Coruña), unha sesión na que tamén se valoraron as candidaturas de Antón Tovar, Miguel González Garcés e Enrique Labarta Pose. A RAG celebrará a narradora, autora tardía de dúas novelas nas que reescribiu os mitos da Odisea e o artúrico, e a xornalista, nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego. Co recordo de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía.
RELACIÓN DOS HOMENAXEADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
- 1963 – Rosalía de Castro1
- 1964 – Alfonso Daniel Rodríguez Castelao2
- 1965 – Eduardo Pondal3
- 1966 – Francisco Añón4
- 1967 – Manuel Curros Enríquez5
- 1968 – Florentino López Cuevillas6
- 1969 – Antonio Noriega Varela7
- 1970 – Marcial Valladares Núñez8
- 1971 – Gonzalo López Abente9
- 1972 – Valentín Lamas Carvajal10
- 1973 – Manuel Lago González11
- 1974 – Xoán Vicente Viqueira12
- 1975 – Xoán Manuel Pintos Villar13
- 1976 – Ramón Cabanillas14
- 1977 – Antón Villar Ponte15
- 1978 – Antonio López Ferreiro16
- 1979 – Manuel Antonio17
- 1980 – Alfonso X el Sabio18
- 1981 – Vicente Risco19
- 1982 – Luis Amado Carballo20
- 1983 – Manuel Leiras Pulpeiro21
- 1984 – Armando Cotarelo Valledor22
- 1985 – Antón Losada Diéguez23
- 1986 – Aquilino Iglesia Alvariño24
- 1987 – Francisca Herrera Garrido25
- 1988 – Ramón Otero Pedrayo26
- 1989 – Celso Emilio Ferreiro27
- 1990 – Luis Pimentel28
- 1991 – Álvaro Cunqueiro29
- 1992 – Fermín Bouza Brey30
- 1993 – Eduardo Blanco Amor31
- 1994 – Luis Seoane32
- 1995 – Rafael Dieste33
- 1996 – Xesús Ignacio Ferro Couselo34
- 1997 – Ánxel Fole35
- 1998 – Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho36
- 1999 – Roberto Blanco Torres37
- 2000 – Manuel Murguía 38
- 2001 – Eladio Rodríguez39
- 2002 – Fray Martín Sarmiento40
- 2003 – Antón Avilés de Taramancos41
- 2004 – Xaquín Lorenzo, Xocas42
- 2005 – Lorenzo Varela43
- 2006 – Manuel Lugrís Freire44
- 2007 – María Mariño45
- 2008 – Xosé María Álvarez Blázquez46
- 2009 – Ramón Piñeiro López47
- 2010 – Uxío Novoneyra48
- 2011 – Lois Pereiro49
- 2012 – Valentín Paz Andrade50
- 2013 – Roberto Vidal Bolaño51
- 2014 – Xosé María Díaz Castro52
- 2015 – Xosé Filgueira Valverde53
- 2016 – Manuel María54
- 2017 – Carlos Casares Mouriño55
- 2018 – María Victoria Moreno Márquez56
- 2019 – Antón Fraguas57
- 2020 – Ricardo Carballo Calero58
- 2021– Xela Arias
- 2022 – Florencio Delgado Gurriarán
- 2023 Francisco Fernández del Riego
- 2024 Luisa Villalta
- 2025 Cantareiras “A poesía popular”

















