O pavillón polideportivo de Astariz acolleu a quinta edición da “Festa do Maior”, organizada polo Concello de Castrelo de Miño en homenaxe “aos nosos maiores por toda unha vida de traballo, esforzo, sacrificio, perseverancia e paciencia”, un evento no que participou preto de medio milleiros de veciñas e veciños de máis de 65 anos xunto cos seus familiares.
A programación deu comezo ás 12,00 horas coa recepción das autoridades por parte do alcalde do municipio, Avelino Pazos. Entre elas, estiveron presentes os presidentes do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e da Deputación Provinicial, Luis Menor; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, así como alcaldesas e alcaldes da comarca do Ribeiro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A continuación, os asistentes participaron nunha misa solemne oficiada polo bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, e na que a Coral de Ruada puxo o acompañamento musical … Pregón …
E ao fío das 14,00 horas deu comezo o xantar popular, amenizado con actuacións musicais, e cun menú integrado por embutidos ibéricos, empanada, xarrete con patacas, bica, café e viños, como non podía ser doutro xeito, da Denominación de Orixe Ribeiro. Unha velada na que as persoas maiores desfrutaron con moita ledicia nesta xornada de confraternidade, á vez que lembraban vivenzas e anécdotas da súa traxectoria persoal.









