Mañá abre o prazo de solicitude das 216 prazas ofertadas en residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o vindeiro curso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Diríxense a mozas e mozos entre os 16 e 30 anos que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigados a permanecer fóra do concello onde residen habitualmente

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En concreto, ofértanse 87 prazas na residencia Altamar de Vigo, 74 co centro residencial lucense Lug I e 55 coa Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense

A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar unha das 216 prazas ofertadas en residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2020/2021. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde dirixida a persoas mozas de 16 a 30 anos de idade que por razóns de estudo ou traballo se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.

As prazas serán en réxime de internado, o que inclúe aloxamento e mantenza, por un máximo de 11 meses dentro do calendario académico, agás os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa. No que atinxe á distribución da oferta, 87 prazas correspóndense coa Residencia Altamar de Vigo, 74 co centro residencial lucense Lug I e 55 coa Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense. Nestes momentos estase ultimando un protocolo de actuación ante a covid-19 específico para estes centros, cuxas instalacións xa se foron adaptando ao longo destes meses.

A convocatoria contempla a reserva dun 9% das prazas en cada unha destas instalacións para as persoas solicitantes que desempeñan unha actividade profesional, así como para as mozas que sufran violencia de xénero e para mozas e mozos cuxas proxenitoras a sufrisen. Na valoración das solicitudes presentadas teranse en conta aspectos como: a antigüidade na residencia; a renda da unidade familiar; a situación de familia numerosa; as condicións de orfandade e discapacidade; a residencia, segundo sexa dentro ou fora de Galicia, outras circunstancias sociofamiliares e, no caso de solicitantes mulleres, estar embarazadas e/ou ser vítimas de violencia de xénero.

Presentación de solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá. As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios tendentes á obtención do título ou grao ou equivalente ou estudos de másters universitarios oficiais, as persoas solicitantes traballadoras por conta propia e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea que sexan empregados/as das Administracións Públicas están obrigados a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea, non obrigadas á presentación electrónica, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os/as interesados/as poderán atopar toda a información en http://xuventude.xunta.es.