XUCA loita polas demandas dos estudantes

XUCA, XUVENTUDE UNIDA POLO CARBALLIÑO LOITA POLAS DEMANDAS DOS ESTUDANTES

A situación estudantil din que tamén é moi complicada, todos os estudantes de ESO, bacharelato e Universidade estan traballando por videoconferencias, aulas virtuais, con moitos exercicios, titorías.. Pero fan mención especial a situación que viven os alumnos/as de segundo de Bacharelato, que teñen unha preparación durísima para cumprir o reto de pasar a selectividade e sacar unha nota que lles permita entrar na carreira que queren. Advirten que estes estudantes teñen unha ansiedade tremenda provocada por esa incertidume de non saber como se vai desenrolar este fin de curso. Dende XUCA proponen diversas solucións, logo de facer un estudo entre as opinións de diversos estudantes de segundo de Bacharelato.

AVANTAR ACTIVIDADES

XUVENTUDE UNIDA POLO CARBALLIÑO LOITA POLAS DEMANDAS DOS ESTUDANTES
Primeiramente neste comunicado non perdemos a ocasión para facer un chamamento, á
poboación do Carballiño e sobre todo aos xovenes, de confinamento de que é moi importante
quedar na casa e cumprir coas premisas que marcan dende sanidade e Goberno.
A situación estudantil é tamén moi compricada, todos os estudantes de eso, bacharelato e
Universidade estamos traballando por videoconferencias, aulas virtuais, moitos exercicios,
tutoriais..
Pero temos que facer mención especial a situación que viven os alumnos/as de segundo de
Bacharelato, que é un ano onde traballan dende o primeiro día ata o ultimo cunha recua de
exames, traballos, lectura de vídeos, ler moitísimo, facer tarefas todos os días; unha
preparación durísima para cumprir ese reto de na selectividade sacar unha nota que che
permita entrar na carreira que queres.
Estes estudantes teñen unha ansiedade tremenda provocada por esa incertidume de non
saber como se vai desenrolar este fin de curso, que non olvidemos, marca o resto das súas
vidas
Propoñemos diversas solucións para o tema, logo de facer un estudo entre as opinións de
diversos estudantes de segundo de Bacharelato:
-Aprazar a Abau 2020 ata finais de xuño, o como moito principios de Xullo. Pero nunca as
solucións de suprimir esa Abau e deixar as notas de bacharelato, xa que pode ser moi inxusto
para moita xente. E tampouco medidas como a de facer so unha convocatoria en case entrado
Agosto.
-Redución de temario: O currículo de segundo é amplísimo, teñen materiais de sobra para
poder afrontar xa os exames. A solución estaría en marcar uns contidos mínimos por
educación, e cada centro adaptarse a ese material, pero nunca seguir dando materia da forma
actual.
O problema sería que cada centro pode comezar e levar as materias de forma diversa, por iso,
dende educación terían que marcar uns contidos mínimos en cada bloque de cada materia e
adaptarse a iso.
-Máis opcións nos exames de Abau: En vez de dar so 2 opcións incluso dar 4 para así ampliar o
abanico de posibilidades, tendo en conta as difíciles situacións de estudo que están vivindo.
En definitiva, ninguén sabe como vai evolucionar o tema do coronavirus, pero pídese que non
sexamos OS ESTUDANTES QUEN PAGUEMOS OS PRATOS ROTOS