O Parlamento urxe ao Goberno a que reduza o IVE dos produtos agrarios e impulse medidas fiscais para mellorar a rendibilidade das explotacións

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, instar ao Goberno central a que aplique medidas urxentes para reforzar a competitividade e mellorar a situación do sector agrogandeiro galego, co fin de minimizar os efectos da guerra de Irán. A iniciativa do Grupo Parlamentario Popular inclúe a redución do tipo e IVE aplicable aos produtos agrarios, así como tamén aos principais insumos necesarios para a actividade agrícola e gandeira, co fin, tal e como remarcou a deputada Cristina Campero, de aliviar a carga fiscal soportada polos produtores.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Neste senso, incidiu na importancia de moderar os custos de produción, nun contexto no que os prezos dos fertilizantes, pensos ou, entre outros, enerxía experimentaron incrementos moi significativos. Así, a súa diminución facilitaría “a continuidade da actividade produtiva e melloraría a capacidade de resposta das explotacións”. Do mesmo xeito, a proposición non de lei avoga por impulsar medidas fiscais que contribúan a mellorar a rendibilidade das explotacións agrícolas e gandeiras, e orientadas a evitar o abandono da actividade agraria.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Para rematar, pediu, asemade, a adopción de políticas de apoio ao sector, que permitan facer fronte ao incremento dos custos de produción, reforzando a competitividade das explotacións e garantido o abastecemento alimentario. Neste punto, puxo como exemplo o prezo dos fertilizantes, os cales rexistraron subas substantivas. Un encarecemento, dixo, que dificulta a planificación das campañas de sementeira e cultivo e reduce as marxes de beneficio, ao tempo que ten a súa incidencia nos prezos dos alimentos básicos. “Solicitamos medidas máis ambiciosas que axuden a paliar os efectos negativos que esta guerra está a carrexar sobre o sector agrario”, rematou.

Durante a Comisión 7ª, tamén, se aprobou reforzar as políticas públicas orientadas á promoción das agrupacións forestais de xestión conxunta. Para elo, a iniciativa do Grupo Popular avoga por avanzar cara a un modelo de xestión forestal máis cooperativo, eficiente e sustentable en Galicia. Neste punto, o deputado Juan Casares incidiu na importancia destas entidades que, tal e como explicou, permiten xerar economías de escala, mellorar a planificación e a xestión silvícola, facilitar a comercialización conxunta dos produtos forestais e fortalecer a cooperación entre propietarios.

Fixo referencia á alta fragmentación parcelaria, a cal resta posibilidades de explotación e capacidade produtiva aos noso montes, o que dificulta, asemade, unha xestión racional e profesionalizada dos mesmos: “En poucas palabras, limitan o aproveitamento sustentable dun recurso estratéxico para o desenvolvemento tanto económico como ambiental do noso país”.

Para rematar, destacou as medidas impulsadas polo Goberno galego a prol de fórmulas de mobilización de terras e o impulso destas agrupacións, que favoreceron a creación de 24 novas agrupacións. Un número que se prevé que aumente ata as 65, cunha superficie forestal agrupada de máis de 4.80 hectáreas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------