A Xunta flexibiliza as obras no interior de edificios e desprazamentos a hortas

A Xunta FLEXIBILIZA As OBRAS NO INTERIOR DE EDIFICIOS E Os DESPRAZAMENTOS A HORTAS DE AUTOCONSUMO

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a sétima reunión do Centro de Coordinación Operativa ( Cecop), onde tamén participan a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
A Xunta de Galicia acordou flexibilizar as obras no interior dos edificios e os desprazamentos a hortas de autoconsumo, polo cal se poderán realizar desprazamentos para o mantemento e atención das leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual. No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa.

AVANTAR ACTIVIDADES


Outra das medidas acordadas no seo da Cecop foi a clarificar o permiso para a recollida da comida preparada en restaurantes. Esta práctica está autorizada sempre que se cumpran os requisitos e protocolos establecido polas autoridades sanitarias, recóllase a comida na porta do establecemento para evitar aglomeracións e respéctese a distancia de seguridade para evitar posibles contagios.

VIDEO