O comité clínico abordará o luns a apertura gradual da hostalaría atendendo ás cifras sanitarias

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta mañá que boa parte de Galicia comezará a partir do luns a apertura gradual da hostalaría, medidas que se avaliarán na reunión do comité clínico o próximo luns. Aínda está por determinar con que intensidade e que horarios.

Publicidade

Feijóo sinalou que as cifras están indo ben pero que antes de tomar medidas contarase ca total opinión do comité, como opinións “prioritarias”.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou esta mañá que non quería precipitarse e que antes de anunciar novas aperturas de medidas se terá en conta a evolución desta fin de semana.