Ribeiro en Común denuncia que o goberno de Ribadavia ignora a solicitude dunha subvención da Xunta para a rehabilitación dos inmobles municipais.

IES CHAMOSO LAMAS

Pedimos unha rectificación desta chapuza e do desprezo deste goberno polas axudas reais e a inexistencia de políticas de vivenda pública.

Ribeiro en Común denuncia a propaganda baleira do goberno local en materia de vivenda e casco histórico.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Ribeiro en Común denuncia que o Concello non solicitou aínda unha subvención da Xunta para reforma de inmobles de propiedade municipal, unha nova mostra de incapacidade e deixadez ao non ter solicitada a axuda.

Non só se lles pasou esta axuda senón que anuncian plans que non teñen ningunha partida na Xunta. Así, a semana pasada anunciaban o chamado Plan Rexurbe, anunciado a bombo e platillo polo PP a pesar de non ter consignado nin un só euro.

No lugar de acollerse ás axudas reais que existen para a reforma dos inmobles municipais, o goberno local pretende seguir coa súa propaganda baleira. A semana pasada anunciaba un Plan Rexurbe que non ten ningunha partida aprobada nin fondos por parte da Xunta.

No actual exercicio 2020 o PP destinou cero euros á reforma do casco histórico de Ribadavia, e ademais votou en contra das emendas de Ribeiro en Común de incluír no Orzamento 2020 da Xunta de Galicia unha partida para a reforma dos inmobles municipais. Pero non contentos con isto, por riba mintenlle á cidadania anunciando unhas axudas que non existen pois o Plan Rexurbe só é mera propaganda sen ningún euro aprobado.

Nun ano de goberno non acometeron ningunha acción no casco histórico, un dos principais atractivos e recursos de Ribadavia, e ademais os inmobles municipais empeoraron o seu mantemento por parte do Concello, dando unha imaxe moi prexudicial.

Ribeiro en Común esixe que o Concello de Ribadavia solicite a subvención da Xunta dirixida a Concellos para rehabilitar edificación de titularidade municipal para ser adxudicadas en réxime de aluguer. A nula e inexistente política de vivenda do actual goberno municipal leva a que o Concello non teña previsto a solicitude desta subvención, que foi publicada en febreiro e que esta mesma semana foi reanudado o seu prazo, tras o impas da crise do Covid19 .

Estas subvencións que reclama Ribeiro en Común están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións da súa titularidade e as adxudiquen, en réxime de aluguer.

Non entendemos nin esta desatención e desprezo a estas axudas e ás políticas de vivenda, a pesar de estar aprobada, a iniciativa do noso grupo, no Pleno Municipal a reforma destas vivendas para o seu destino a persoas demandantes de vivenda pública do noso municipio

INFORMACIÓN ADICIONAL.

Crédito presupostario

As subvenciones previstas en esta convocatoria faranse efectivas con cargo a la aplicación presupostaria 07.83.451A.760.1 dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por importe de 152.850 € para la anualidade 2020 e por importe de 1.666.210 € para a anualidade 2021. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0006_es.html

O 20 de maio retomase no DOGA o prazo paralizado pola crise do COVID19, coa seguinte RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2020 pola que se dispón a continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións (códigos de procedemento VI432C, VI432D, VI406A, VI422E e VI422F). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200520/AnuncioC3Q2-140520-0003_gl.html

RIBEIRO EN COMÚN PRESENTOU A SEGUINTE PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:

  1. Que o Concello de Ribadavia rectifique a súa deixadez de xestión en materia de vivenda e a súa propaganda baleira, e leve a cabo a solicitude en tempo e forma da subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo dirixidas a prestar apoiaos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións da súa titularidadeas adxudiquen, en réxime de aluguer.
  2. Que o Concello de Ribadavia solicite outras liñas de axudas en materia de rehabilitación de inmobles municipais e promoción de vivenda pública.