A Xunta impulsará aulas de emprendemento en 22 centros de FP, un deles o IES O Ribeiro

instituto fp, inauguracion curso escolar 2020

A Xunta de Galicia vén de resolver a primeira convocatoria para impulsar a creación de Aulas de emprendemento nos centros que imparten ensinanzas de FP. En total serán 22 os centros galegos, e que teñen como obxectivo seguir avanzando na calidade da formación. Entre os centros beneficiarios, na nosa contorna tocaralle ó IES O Ribeiro, en Ribadavia.

Estas actuacións permitirán que o alumnado conte cun soporte administrativo, técnico e de infraestruturas nas primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dunha startup. Realizaranse tamén actividades persoais, sociais, relacionais, de comunicación, de definición de produto ou de desenvolvemento de prototipos e propostas.

AVANTAR ACTIVIDADES