O Carballiño sobe tres casos ata os 18 contaxios. Maside mantén 4 e Boborás un so caso activo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 28, unha cifra que se balancea pola evolución de tres concellos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Carballiño, hoxe os datos soben dos 15 casos de onte ós 18, tres positivos máis.

O Irixo rexistrou un brote familiar esta fin de semana que subía onte ós 5 casos activos, e que hoxe mantén a mesma cifra. Maside mantén 4 casos activos, logo de varios días de baixada na pasada semana. Boborás mantén un caso activo, a mesma cifra ca onte.

E os demais concellos,  Beariz, Piñor, Punxín, San Cristovo de Cea e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------