O concello asegura que a partida de festas reduciuse a 70.000 euros dos cales se utilizaron a metade

IES CHAMOSO LAMAS

Logo do comunicado lanzado polo partido político Espazo Común, o grupo socialista que conforma o goberno no Concello de Carballiño desexa facer unha serie de aclaracións a pesares de que, segundo apuntan,  non adoitan entrar neste xogo que só busca enlamar a vida pública no Carballiño.

O escrito de Espazo Común dí literalmente “Facendo honra ao apelativo co que xa son coñecidos varios membros do goberno, a comisión de festas que dirixe o Concello do Carballiño tivo a desfachatez de dilapidar máis de 115.000 € deste apartado”.Ante esto o grupo de goberno afirma non sorprenderse, pois dende o comezo do mandato,  esa formación  leva mentindo, calumniando, faltando ao respecto ou ,incluso, distribuindo fotomontaxes insultantes  do equipo do goberno. Aínda así, dende o goberno municipal desexan facer unha serie de aclaracións pois, aínda   que consideran que a Esco xa lles queda pouco crédito, estas declaracións están fóra de lugar.

HIPER MASIDE

Respecto ao símil entre o goberno municipal e unha comisión de festas ou aos apodos que Esco pretende divulgar do alcalde e concelleiros, dende o grupo de goberno lamentan estas verbas e  din sentirse orgullosos de que, entre outros eidos (industrial,comercial,deportivo,natural…), O Carballiño destaque polos seus eventos culturais ou turísticos, como está a pasar nos últimos anos e apuntan que o fan, prácticamente, ca mesma partida que tiñan cando gobernaba o PP ou, incluso, os membros de Esco formaban parte do goberno socialista. A boa xestión, apuntan, reflíctese no dinamismo que tivo a vila e que, sen dúbida , non só mellora a calidade de vida dos veciños, senón que tamén elevou exponecialmente a afluencia de visitantes ó Carballiño.

Dende o goberno do Carballiño afirman que durante o ano 2020 as únicas festas de gran formato que se celebraron foron o Entroido e a Festa da Cachucha, eventos que  foron previos á pandemia e que , ademais, supoñen un auténtico revulsivo económico na hostalaría e comercios do Carballiño. Tamén destacan que no 2020 se leváron a cabo actividades culturais de menor formato como o festival de grupos locais “Feito No Carballiño”, unha programación de cine na rúa, o Festival Infantil de Títeres (subvencionado), o exitoso concerto da Escolanía de Segovia, concertos das corais locais , actividades no nadal ou  diversas actividades subvencionadas  (entre o 50% e o 75% do orzamento)  que  van dende o eido musical ao escénico.  Así, dende o goberno local, queren deixar claro a súa aposta pola cultura e subliñan que incluso mantiveron intactas as subvencións aos colectivos culturais da vila.

En canto á cifra de 115.000 que Esco apunta  como gasto en festas no seu comunicado, o grupo socialista afirma que nada más lonxe da realidade, pois a partida de Festexos Populares pertencente á área de turismo, reduciuse por mor da pandemia a 70.000 euros e só gastou algo máis de 34.000 euros, menos da metade do orzamento. Por outra beira, apuntan que se o que pretenden é confundir ás veciñas e veciños do Carballiño coa partida de actuacións culturais da área de Cultura, que sostén gran parte das actividades culturais  antes citadas xunto ca do circuito da RGTA, reduciuse  dende os 45.000 euros ata os 22.000, para adicar recursos á loita contra as consecuencias do coronavirus, nunha modificación de crédito que foi votada nun pleno municipal. Ademais, os 33.000 euros adicados ás festas patronais quedaron intactos,  ao non celebrarse a Festa Do Setembro, e pasaron a formar parte do remanente.

O goberno municipal do Carballiño remata salientando que, mentres Espazo Común se adica a facer este tipo de política, eles seguen entregados a traballar polo Carballiño.