Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro con 4.509 desempregados menos, situando a cifra total en 180.719 parados.
O desemprego caeu nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e en todos os tramos de idade. En Ourense hai a día de hoxe 20.265 desempregados, 231 menos ca en febreiro.
A comarca do Carballiño subiu este mes o número de desempregados en 13 persoas. O Irixo e Maside lideran a táboa con 8 parados máis cada un; Cea suma 5 desempregados, O Carballiño suma dous e Piñor un parado. San Amaro mantén a mesma cifra co pasado mes. Pola contra, Boborás lidera a táboa en recuperación de emprego, con 5 traballadores en activo máis; Beariz conta con 4 desempregados menos e Punxín con dous menos.
A comarca do Ribeiro presenta cifras alentadoras, cunha recuperación de emprego de 11 persoas. Cortegada é lidera a táboa, con 7 parados menos, seguida de Ribadavia, con 6 persoas menos no paro, Arnoia con 3 persoas menos, Melón con dúas e Cenlle con un parado menos. Beade e Carballeda de Avia manteñen os mesmos datos. Pola contra, Avión aumenta desempregados en catro persoas, Leiro en tres e Castrelo de Miño cun parado máis.
