O grupo de gaitas Lume de Biqueira entrevista aos autores do libro ‘Temperando-La gaita gallega y su mundo”

Fernando Molpeceres e Darío Nogueira, autores do libro ” Temperando. La gaita gallega y su mundo”, cóntannos por que elixiron ese título, por que o escribiron e outras cousas interesantes sobre o seu contido.

Un libro que nace para ser unha referencia para os alumnos de gaita galega, pero tamén para quen traballa ou gozan das tradicións galegas, a súa música e a súa cultura desde unha perspectiva actual e mirando ao futuro. Unha marabillosa edición ( Ibersaf Editorial) que recibiu excelentes críticas. Os seus lectores, ademais da calidade do seu contido e da coidada presentación, fálannos do ameno da súa lectura e do tamaño e tipo de letra que o fan fácil de ler. Un libro entretido, sen dúbida, para todos os públicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nestes dous vídeos atoparemos as razóns dos autores para escribilo e unha aproximación aos seus contidos:

Vídeo cos autores:

Vídeo inicial do libro: