Gabriel Alén subliña o compromiso da Xunta co turismo activo de calidade, un turismo verde, responsable, sustentable e tranquilo

IES CHAMOSO LAMAS

Na clausura esta mañá do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo que se desenvolveu o 24 e 25 de novembro en Expourense

  • O delegado territorial dixo que nestas dúas xornadas “ demos a coñecer Galicia como destino activo e saudable que ofrece multitude de opcións para gozar do deporte e das actividades ao aire libre”
  • Gabriel Alén manifestou que “turismo e deporte forman un binomio complementario e hai que entendelo como un instrumento para xerar impacto económico aproveitando os recursos do territorio”
  • O congreso contou coa participación de 21 expertos que analizaron o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino
  • Outros dos temas que se abordou foi os Fondos Next Generation en turismo deportivo e os Plans de sustentabilidade turística en destino, a Innovación en Turismo Deportivo, ou das actividades de turismo activo como elemento tractor de turismo dun destino

Ourense, 25 de novembro de 2022. –  “Dende o Goberno galego estamos comprometidos con ofrecer un turismo activo de calidade, un turismo verde, responsable, sustentable e tranquilo”, salientou Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, na clausura do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo que se desenvolveu o 24 e 25 de novembro no recinto feiral de Expourense e que contou coa participación de 21 expertos que analizaron o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino.

OZOCOgz Deseño Galego

O delegado territorial dixo que nestas dúas xornadas “ demos a coñecer Galicia como destino activo e saudable que ofrece multitude de opcións para gozar do deporte e das actividades ao aire libre e, ademais, animamos a practicalas a todo o mundo”.

Gabriel Alén significou que poñentes e relatores deixaron claro que “turismo e deporte forman un binomio complementario e hai que entendelo como un instrumento para xerar impacto económico aproveitando os recursos do territorio”. “Unha iniciativa que nace coa vontade de unir máis se cabe a estes dous ámbitos que tanto teñen que ver e compartir; as tanxencias de deporte e turismo son espazos que desde a Xunta de Galicia debemos explotar convenientemente para acadar o beneficio da nosa sociedade e dos nosos cidadáns”. engadiu.

Neste congreso analizáronse experiencias de éxito en diferentes destinos que poderían ser replicables noutros e que permitirán explorar posibles vías de crecemento neste sector económico e de emprego tan significativo como é o do turismo vinculado ao deporte, despois do grande impacto que tivo a pandemia no sector. Cómpre lembrar que o sector deportivo xera na actualidade en Galicia máis de 12.000 postos de traballo, cun volume de negocio de mil seiscentos millóns de euros (1.600 M €).

Outros dos temas que se abordou foi os Fondos Next Generation en turismo deportivo e os Plans de sustentabilidade turística en destino, a Innovación en Turismo Deportivo, ou das actividades de turismo activo como elemento tractor de turismo dun destino presentando os casos de éxito do Pena Park Aventura de Ribeira da Pena Portugal ou da Tirsolina das Minas da Pontenova (Lugo).Tamén se analizaron algúns deportes concretos e a súa influencia no turismo como o golf, o cicloturismo, ou o surf.