O concello de Cea abre o prazo de inscrición para unha gran variedade de actividades

O concello de San Cristovo de Cea abre o prazo de preinscrición para as actividades programadas para as vindeiras datas. Ofértase un taller de memoria, gratuíto e en horario de mañá, aínda por confirmar segundo a demanda.

O resto das actividades comezarán o día 10 de outubro. Cachibol será os luns de 19:00 a 20:00 horas (por 5 euros ó mes); ximnasia de mantemento será os luns de 20:30 a 21:30 horas (por 10 euros ó mes); pilates será os martes de 20:00 a 21:00 horas e os venres de 21:00 a 22:00 horas (por 10 euros ó mes); zumba, os martes de 21:00 a 22:00 horas e os venres de 20:00 a 21:00 horas; ioga será os mércores en dúas clases, de 19:00 a 21:00 horas e oratoria está por concretar as datas e terá un custe de 20 euros ó mes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todos os grupo teñen que ter un mínimo de dez participantes e os pagos faranse trimestrais no número de conta que se facilitará ou nas propias oficinas municipais, nos primeiros 15 días desde periodo.

As preinscrición poden facerse nas oficinas municipais ou no Whatsapp 672122300.