NOTA DA GARDA CIVIL:
A Garda Civil de Carballiño desarticula un punto de venda de droga polo miúdo en Carballiño e detén a un veciño de 28 anos de Carballiño como presunto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas).
A Garda Civil inicia hai uns meses unha investigación ao ter coñecemento da venda de droga nun local de lecer de Carballiño, tras realizar varias investigacións durante a tarde noite de onte a Garda Civil detén á persoa que rexenta o local e tras realizar o rexistro incáutase de 85 gramos de hachis, unha báscula de precisión e varios útiles e envoltorios dedicados ao envase e venda polo miúdo de droga.