Avantar organiza un roteiro sobre Manuel María para os mozos de primaria

A Agrupación Cultural Avantar organiza no Carballiño o Roteiro Manuel María dirixida ó alumnado dos centros escolares da vila e á poboación xeral.

Hoxe foi a quenda dos mozos de primaria do Vila do Arenteiro.  No anfiteatro da Veracruz, recibiron ó arrieiro, que foi o guía polo percorrido dos fito-poemas, onde tiveron varias actividades e con acompañamento musical.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os máis pequenos recitaron poemas tamén de Rosalía de Castro. Mañá será a quenda do alumnado de secundaria, cun formato similar.