Este sábado día 16, concerto de Officina Utricularii na sede da Fundación Vicente Risco

O sábado 16 de outubro, ás 20 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, terá lugar o concerto de Officina Utricularii a cargo de Ánxela Vidal Trabada-Crende (traverso), Suso Ribeira (traverso) e Xurxo Fernández (flauta de bisel). Tocarán temas de Joseph-Bodin de Boismortier, Pierre Danican Philidor, Marc-Antoine Charpentier e James Oswald.
O número de prazas é limitado a 20 persoas, e necesario facer a inscrición en secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando o nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico.
A entrada para o concerto é de 10 euros, estando supeditada a que non estea cuberto o aforo.