O Rally do Lacón contará cunha etapa mañá venres e oito o sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Rally do Lacón volve este ano con máis forza que nunca logo dun parón de 15 edicións. A lista de equipos inscritos alcanza os 134, con nomes moi coñecidos no panorama do motor. A proba dividirase en dúas xornadas. O venres, trala cancelación do shakedown, so se celebrará unha etapa especial no trazado da Subida á Saleta, dende as 20:08 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado, haberá oito tramos, organizados do seguinte xeito:

  • Tramo 2: Cenlle- San Amaro (07:54 horas)
  • Tramo 3: Piñor- O Irixo (08:48 horas)
  • Tramo 4: Cenlle- San Amaro (11:12 horas)
  • Tramo 5: Piñor- O Irixo (12:06 horas)
  • Tramo 6: Leiro- Boborás (15:57 horas)
  • Tramo 7: Amoeiro- Maside (16:57 horas)
  • Tramo 8: Leiro- Boborás (19:18 horas)
  • Tramo 9: Amoeiro- Maside (20:18 horas)