O UKP Day de Ribadavia vendeu xa o 75% das 200 entradas dispoñibles

O 5 de xuño terá lugar unha nova edición do festival de ukelele de Ribadavia, coñecido como Ukp Day, e que se celebra no interior do Castelo de Ribadavia. Tras a súa cancelación do ano pasado, este 2021 o festival decidiu volver cun formato completamente diferente, para poder adaptarse con total seguridade ao protocolos marcados pola normativa vixente sanitaria.

Publicidade

Os concertos exclusivos serán de artistas tan relevantes como Enric Montefusco, ex líder da afamada banda Standstill, ou os galegos Néboa, un dos grupos revelación do ano en Galicia. As entradas, que se venden na páxina www.ukpday.com xa se esgotaron nun 75%.