Pequeno resumo do II Ciclo de Música “Feito no Carballiño”

A música en directo foi a gran protagonista na vila ca segunda edición do Ciclo de Música Feito no Carballiño, con gran variedade de estilos musicais. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, falounos de como naceu esta iniciativa.

Publicidade

Nesta edición contouse ca presenza do gran guitarrista de “Los Suaves”, Fernando Calvo.

O ciclo de música comezou o sábado cas actuación da Banda da Garda, coa presenza da veciña de Seoane, Marta Bravo; o dúo do carballiñés Alberto Estévez e a vocalista polaca Martyna Baran, SM, e o grupo de rock convidado Distance Sister. Finalmente, pechou a xornada o coñecido grupo de pop carballiñés Sueños de Ítaca.

A xornada do domingo contou con Ce Orquesta e o grupo Skadelos que deron paso aos xa vetereranos Sussie Q’s, a banda punk-rock Derroche, e The Impossiblues que pechou a segunda edición deste festival “Feito no Carballiño”, que contou con gran afluencia de xente.