O Ribeiro mantense estable e conta con tres concellos libres de covid

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca do Ribeiro deixou atrás as peores cifras da terceira vaga da pandemia. Dende a semana pasada, a situación é estable en todos os concellos veciños.

Ribadavia conta hoxe con 8 casos activos, dous máis ca na xornada de onte. Ségueo o concello de Avión, que mantén os 4 casos de onte. Leiro tamén se mantén estable, con tres casos activos. Melón e Cortegada contan con dous casos activos cada un e Cenlle e Beade presentan un so contaxio cada un deles. Arnoia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño están libre de coronavirus.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO