Ribeiro en Común reclama un Plan Municipal de axuda aos Autónomos de Ribadavia e de axudas sociais contra a crise

Ribeiro en Común pide a convocatoria urxente do Pleno para aprobar neste mes de abril liñas de axuda a autónomos, comercio, hostalaría e parados.

O Concello de Ribadavia debe actuar con urxencia e premura diante dunha situación moi complexa e preocupante para a maioría da sociedade ribadaviense.

AVANTAR ACTIVIDADES

As axudas das demais Administracións ou non veñen, ou chegarán tarde ou non serán de todo suficientes para a profunda crise que estamos comezando.

Desde o Concello debemos axilizar a súa aprobación durante este mes de abril para que poidan ser realizados os pagos no mes de xuño, como moi tarde.

Ribeiro en Común reclama , esiximos e propoñemos un Plan Social Urxente de choque con estas liñas de intervención:

– Liña de axuda para todos os Autónomos, independentemente do sector. Sería a principal liña de axudas. Autónomos autoempregados de todos os sectores que xustifiquen paralización da súa actividade ou unha baixada xustificada na súa actividade.

Bases que como mínimo deben recoller o abono equivalente a 7 cotas de autónomo.

Bases que deben estar aprobadas como moi tarde a finais de abril, e que deberían terse xa realizadas si se tivera feito antes esta iniciativa en favor deste sector tan vital para Ribadavia como é o dos autónomos.

– Liña de axuda para Comercio, Hostalería, e sector vinícola que conste de 2 apartados de axuda, un 1º compatible e como complemento a axuda anterior de Autónomos, e un 2º apartado para os casos excepcionais que se poidan quedar fora da liña de axudas anterior.

– Liña de axuda á poboación que vexa reducido os seus ingresos a causa da Crise do COVID19, xa que ademais dos autónomos por desgraza hai máis afectados por esta crise. Así, a demais poboación tamén se ve afectada directamente por esta crise. Asalariados e parados que queden fora de outras axudas públicas.

– Ademais destas 3 liñas, pedimos que se aproben exencións e bonificacións ao comercio, hostalaría, autónomos e pequenas e medianas empresas con sede en Ribadavia, sempre que o precisen e o xustifiquen, dentro da legalidade vixente. Así mesmo, consideramos que desde o Concello tamén se poden establecer liñas de financiación compatibles coas que se vaian establecer desde outras Administracións.

– Como complemento e retroalimentación deste Plan tamén desde Ribeiro en Común propoñemos a realización desde o Concello dunha Campaña de reactivación do Comercio local para animar aos veciños e veciñas de toda a comarca a comprar no comercio de proximidade. Reactivar o consumo unha vez se poida

Son numerosos os exemplos de concellos por toda Galicia que están adoptando medidas, así ademais de cidades, concellos de vilas como a nosa tamén están aprobando medidas de apoio económico encamiñadas a atallar a crise económica que esta pandemia trae consigo. Por iso, reclamamos e propoñemos ao pleno do concello de Ribadavia que se adopten as seguintes medidas para axudar aos nosos veciños e veciñas no momento que máis necesitan do seu Concello.