A vila do Arenteiro xa ten a disposición dos donos de mascotas un recinto para o esparcemento e desfrute destas na paraxe natural do Parque Municipal. Trátase dun ‘parque canino’, unha iniciativa promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Carballiño coa que se pretende dar resposta ás inquedanzas da propia veciñanza con respecto a necesidade de crear un espazo habilitado para estes animais de compañía.
E esta mesma mañá, este espazo, de 1.500 metros cadrados, xa abríu as súas portas nunha zona situada ao carón da primeira entrada ao Parque Municipal dende a avenida do Arenteiro, na contorna do barrio da Toscaña. O recinto conta con fontes, papeleiras, dispositivos dispensadores de bolsas para o depósito de excrementos, fontes de auga e un completo circuíto de ‘agility’ para que os cans poidan aprender e amosar as súas habilidades, ademais de bancadas de asento para os seus propietarios.
Ao acto de inauguración deste parque canino asistiron o alcalde, José Castro-Gil; as concelleiras de Medio Ambiente e promotora do proxecto, Elvira Torres, e Educación, Lorena Castro, e os concelleiros de Turismo e Medio Rural, Manuel Dacadl e Miguel Fernandez, que estiveron acompañados por Argimiro Marnotes, deputado no Parlamento Galego.
O investimento total da actuación ascende a 26.573,05 euros, dos cales 21.961,20 euros corresponden ao orzamento de execución material e 4.611,85 euros ao IVE. O proxecto foi promovido polo Concello do Carballiño e redactado polo arquitecto Sergio Mascareñas Nogueiras.
















