A segunda edición da BTT organizada polo equipo MPC Terras de Cea tivo lugar onte domingo, cunha ruta de 39 quilómetros acortada a 18 para os que o prefiran e cun récord de inscricións de 290 persoas. Dende a organización destacan o esforzo de subir a Serra Martiñá, compensado coas vistas desta ruta. Como desexo para a vindeira edición, conseguir os 350 participantes e seguir mellorando.
Para o concello de Cea, todo este tipo de eventos son un atractivo, tanto deportivo coma turístico. O concelleiro de Turismo felicitou á organización por conseguir reunir a este gran elenco e o seu transcurso.