En homenaxe a Alberto Paz, primeiro alcalde da democracia en San Amaro

O 8 de febreiro faleceu Alberto Paz Ameijeiras, ex alcalde de San Amaro e presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro nos primeiros anos de transición.

Publicidade

Procede dunha familia ligada ó sector da madeira, a pesar do cal decidiu emprender as súas propias iniciativas vinculadas aos sectores gandeiro e da alimentación. En todos os ámbitos profesionais nos que estivo inmerso, lamentan o seu falecemento, deixando unha forte pegada.

A súa andaina política comezouna e fortaleceuna neste seu concello, San Amaro, en xaneiro de 1976, estreando a democracia e conseguindo un legado de 16 anos co apoio da cidadanía.  A paixón pola política foi algo que quixo transmitir como seu legado, ademais dos seus ideais socialistas, ó seu fillo Carlos Paz, actual tenente alcalde en San Amaro.

Coma homenaxe, a Biblioteca Vivinte de San Amaro difunde un vídeo ca colaboración de Alberto Paz, falando de como era a vila cando a el lle tocou liderala, as últimas verbas de recoñecemento do apego que tiña ca súa terra.

A familia despediuse na máis estrita intimidade, aínda que ca intención de facer unha homenaxe aberta a todos os que o gardan no seu recordo cando a situación sanitaria o permita.