Dende hoxe pode solicitarse a axuda social do concello de Ribadavia

As persoas beneficiarias cobrarán unha axuda durante 6 meses para gastos de vivenda, vestimenta, alimentación e necesidades básicas. O Concello ten previsto que esta axuda se estableza de maneira permanente coma un dereito social para aqueles veciños empadroados que máis necesidade teñen.

O Concello ten unha partida de 20.000 euros. A poboación destinataria estimada será como mínimo de 40 persoas. As familias dun membro recibirán 50 euros por mes; as de dous membros, 100 euros por mes; as de tres membros, 160 euros por mes e as de catro membros ou máis, 200 euros por mes.

AVANTAR ACTIVIDADES