A Coral Polifónica do Casino organiza este sábado o 39º Festival Galaico-Portugués

IES CHAMOSO LAMAS

A praza maior do Carballiño acolleu esta mañá a presentación do Festival de Música Galaico Portugués, que organiza a Coral Polifónica do Casino. O evento terá lugar este próximo sábado, nas instalación do Casino ás 20:30 horas.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, puxo en valor o traballo feito pola agrupación carballiñesa e o orgullo que supón levar a súa música e o nome do Carballiño.

HIPER MASIDE

Pilar Caballero, vicepresidenta da Coral, destacou a presenza este sábado da Coral Ecos do Miño, de Lugo e co Orfeao de Espinho, de Portugal, que ademais coñecerán a vila e a súa gastronomía.

En nome de todo o grupo, Caballero convidou a todos a desfrutar da música, nun evento de entrada libre. Para a Coral do Casino este festival é algo senlleiro, non que non so intercambian música, se non tamén culturas.